📣 Voz do barrio

Cada semana, o barrio que remate primeiro na Guerra de barrios consegue un espazo propio no banner do xogo durante a semana seguinte, cunha ligazón á vosa páxina web ou rede social para levar aí a quen faga clic.

Non ten que ser unha queixa. Pode ser calquera cousa que o barrio queira dicir en alto: unha demanda ao concello, si, pero tamén unha festa ou un evento veciñal, un logro do barrio, un negocio ou unha asociación local, ou calquera boa nova que mereza publicidade. Sodes vós quen decide que se di. Nós só poñemos o megáfono.

Se o voso barrio gaña, escribide a hola@aconquista.org cun texto breve (unhas liñas abondan) e a ligazón que queirades usar. Antes de publicalo, poñerémonos en contacto coa asociación de veciños do barrio para consensuar o texto final. Así evitamos publicar unha petición ou mensaxe que non represente a todo o barrio. O espazo é voso, pero é público, así que pedimos un ton cívico e nada que non teña que ver co barrio.

Así se vería

Sector Milnueve di

Máis frecuencia de buses ao estadio de Riazor

asociacionsectormilnueve.gal ↗

🗺️ Volver ao xogo
Voz do barrio · Conquista da Coruña